30.9.09
4.8.09
Que grande!!!
Por facernos esquecer a penosa organización (ou mellor, a ausencia de organización); por estar 3 horas seguidas facéndonos disfrutar (e seguro que aguantaba outras 3 máis); por facernos saltar durante todo ese tempo; polas que tocaches (e as que non; mira que non tocar o Thunder road! Menos mal que xa cha escoitara jajajaja); por esa noite difícil de esquecer; por todo iso e moito máis...... QUE GRANDE!!!
Publicado por Sapoconcho ás 12:47 AM 0 E ti que contas?
9.7.09
Carta dunha emigrante retornada
Canto tempo lle quedará a este programa na TVG? Admítense apostas.
Publicado por Sapoconcho ás 3:13 PM 1 E ti que contas?
22.6.09
Pois está ben clariño
Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,... apelido: Vázquez, Nogueira, .... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ....
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,...
Botamos aturuxos, arroutadas,.... e damos colo, apertas, ....
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ....
Aos arbustos: silva, xesta, ....
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...
Ás comidas: grelos, cacheira, .....
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ......
Aos peixes: xouba, ollomol , .... e aos mariscos: vieira, zamburiña,....
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ....
Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, ...
Aos ríos: Toxa, Xallas,..
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ....
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,...
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,...
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...
As vacas: Marela, Xeitosa, ....
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...
Á musica: os alalás, a chouteira, .......
Aos xogos: a billarda, a porca, ......
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..
Aos paxaros: paporrubio, rula,...
Ao vestido: saia, polaina,...
....e agora veñen que para que serve o galego, pois é obvio, PARA ENTENDERNOS.
Escrito por José Manuel Atanes Limia no "Faro de Vigo"
Publicado por Sapoconcho ás 12:14 AM 0 E ti que contas?
21.6.09
9.6.09
As linguas suman


As linguas suman (pincha nas imaxes para agrandar). Tríptico informativo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Aquí tes o enlace para acceder a toda a información e descargalo: http://www.coordinadoraendl.org/
Publicado por Sapoconcho ás 11:37 PM 0 E ti que contas?
26.5.09
Canción pop...
.... ou como di Leo: "cantar cinco minutos sen dicir nada"
Publicado por Sapoconcho ás 9:54 PM 0 E ti que contas?





